Ir al contenido principal

Convocatoria 2013 de axudas para enerxías renovables da Xunta de Galicia


Esta convocatoria inclúe axudas para a implantación de centrais enerxéticas de solar térmica, solar fotovoltaica (en illa e autoconsumo) e biomasa. Pódese consultar información na web do INEGA.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 22 de abril, e permanecerá aberto ata o día 7 de outubro de 2013.

Os beneficiarios poden ser: persoas físicas, empresas legalmente constituídas e empresarios autónomos, empresas de servizos enerxéticos (ESEs), entidades sen ánimo de lucro e agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica.

A contía máxima de axuda en cada liña de actuación será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, cos seguintes límites adicionais por proxecto:

- Enerxía solar térmica: máximo de 60 000€

- Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas: máximo 20 000€

- Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas: máximo 20 000€

- Caldeiras de biomasa: máximo 30 000€.

A contía da axuda resultante estará limitada polas porcentaxes aplicables no artigo 23 do Regulamento (CE) núm. 800/2008 da Comisión do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común (grandes empresas 45%, medianas 55% e pequenas empresas 65%). Nos casos en que o solicitante non sexa unha empresa, a porcentaxe aplicable será a correspondente a unha pequena empresa.